Thursday 02 de May de 2024

Actuacións musicais este sábado en Mera, Santa Cristina e Santa Cruz


O sábado 13 de agosto, entre as 20:30 e as 22:30 horas, haberá novas actuacións musicais englobadas no programa Música na Rúa. O grupo Rockson actuará fronte á Tremenda e Alda Varez & Richi Ponce estará próximo ao Hotel Aldi, en Santa Cristina. O grupo Calle Rumba tocará na zona do porto de Santa Cruz. La 5ta máquina situarase na praza Ana Kiro, en Mera.

O resto de mes de agosto continuará a programación cultural de Música na Rúa.